O voluntariado ambiental de Outes programa nova acción de recollida de lixo e eliminación de invasoras no río Tins

01 Agosto 2024

A actividade está aberta a todos os públlicos e forma parte do proxecto ReNatur_Outes

O proxecto de renaturalización do río Tins en Outes non para en agosto e programa para o martes día 6 a primeira de varias accións previstas para este mes. Na xornada, prevista entre as 10:00 e as 13:00, continuaráse eliminando especies exóticas invasoras e retirando lixo nas ribeiras do treito final do río, ata a súa desembocadura no Esteiro do Tambre, en Rede Natura 2000. Arrincaranse manualmente exemplares de plantas invasoras como a tradescantia ou a crocosmia e descascaranse os exemplares de eucalipto, acacia e robinia para facilitar que sequen antes da corta e retirada destas árbores.

A actividade está aberta a todos os públicos e idades. Para participar só é necesario enviar un email a info@montescola.org ata o luns 5 de agosto. O punto de encontro será o exterior da Casa da Cultura da Serra de Outes.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal) e o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

No eixo do proxecto están a recuperación do bosque de ribeira, o control de especies exóticas invasoras, como as distintas especies de acacia presentes (Acacia dealbata e Acacia melanoxylon), a Tradescantia fluminensis ou as plantas do xénero Crocosmia, a limpeza de residuos da contorna fluvial, e a sensibilización ambiental mediante accións de voluntariado, formativas e divulgativas, fomentando a participación pública da cidadanía de Outes mediante sesións de gobernanza cidadá ao longo de toda a vida do proxecto. Desde xeito non só se pretende alcanzar unha recuperación e mellora da biodiversidade, mais xerar un compromiso social máis alá da propia vida do proxecto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.