O veciño de Noia, Antonio Barreiro, é outro dos mortos no “Argos Georgia”

31 Xullo 2024

Á espera de que o confirme a autopsia. O protocolo británico marca que ata dentro de 15 días non se poderá facer a repatriación. Entre os catro desaparecidos unicamente habería un mariñeiro galego o ribeirense Juan Antonio García Rey Pichón.

Solicitan probas de ADN para identificar os mariñeiros do Argos Xeorxia tras naufraxio preto das Malvinas

As autoridades británicas solicitarono ás españolas unha serie de probas que permitirían identificar os nove corpos recuperados despois do naufraxio do Argos Georgia, un pesqueiro da armadora Argos Froyanes, que se afundiu a 170 millas das Illas Malvinas o pasado día 22. Estas probas inclúen elementos que permitirán contrastar o ADN e determinar con seguridade a identidade de cada un dos mariñeiros falecidos, aos cales se lles practicará a autopsia.

Nun contexto de informacións contraditorias, as probas dentais permitiron identificar ao segundo enxeñeiro do buque, Antonio Barreiro Tourea, residente de Noia, como o terceiro galego falecido no naufraxio. Previamente, identificáronse os corpos de César Acevedo, capitán de pesca, e Santiago Leyenda, cociñeiro.

A identificación de Antonio Barreiro demorouse debido a que, nun recoñecemento preliminar cos sobreviventes, un dos tripulantes, que traballara con el durante varios anos, afirmou que o corpo non pertencía a Antonio. Con todo, tras recibir diversas chamadas nos últimos días, a familia de Barreiro agardaba a confirmación de se se trataba dun dos corpos trasladados ao Reino Unido para a autopsia.

Tras a autopsia, a repatriación dos cadáveres podería demorarse un par de semanas máis para poder cumprir cos protocolos esixidos polas autoridades británicas.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.