Boiro acolle esta “finde” unha nova edición do torneo de baloncesto na modalidade 3×3

31 Xullo 2024

O Concello de Boiro colabora co Club de Baloncesto Santa Baia no desenvolvemento do Torneo Groinn Sta Baia 3×3 de baloncesto, que se desenvolve os días 3 e 4 de agosto (sábado e domingo) nas pistas deportivas de A Boqueira de A Negral. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación da proba xunto co coordinador do Club de Balonceto Santa Baia, Guillermo Outeiral.

Segundo informaron, trátase dun torneo puntuábel da FIBA, a Federación Internacional de Baloncesto, que se vai disputar o sábado e o domingo cuns 120 xogadores de 30 equipos masculinos, femininos e mixtos de diferentes categorías procedentes de toda España.

“Temos equipos de moito nivel que veñen de todo o territorio nacional e agardamos que supere o éxito da primeira edición en asistencia e público”, afirmou Guillermo Outeiral.

O 3×3 xógase a media pista, cunha única canastra e con posesións moi curtas, con 4 xogadores por equipo intercambiábeis.

“O Club de Baloncesto Santa Baia sempre traballa para seguir mellorando e estamos a ver que esta nova modalidade está a ter moito éxito ao ser moi dinámica e moi entretida tanto para ver como para xogar”, afirmou o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, que ratificou o compromiso do Concello de Boiro co deporte no municipio e a colaboración da administración local “nas distintas probas deportivas que os nosos clubs deportivos organizan ao longo do ano”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...