A praza do Curro de Portosín inaugura o sábado o mercado local de artesanía

31 Xullo 2024

A praza do Curro de Portosín vai acoller o Mercado de Artesanía local esta fin de semana (sábado 3 de agosto e domingo 4), en horario ininterrompido de 11.00 a 21.00 horas. Haberá postos de artesanía e gastronómicos, sesións vermú, demostracións e actividades lúdicas para as familias.

A axenda de actividades comezará o sábado cunha sesión vermú a cargo de DJ Crooked Savage e (ás 14.00 horas) un posto gastronómico da man de Chichalovers. Ás 19.00 está programado un espectáculo canino.

Ao día seguinte, domingo, logo da apertura do mercado artesán celebrarase entre as 12.00 e as 15.00 unha nova sesión vermú con pintacaras. Ás 14.00 volve o posto gastronómico de Chichalovers e a partir das 19.00 haberá xogos en familia.

Organiza Onyvá coa colaboración da marca Azul de Portosín e do Concello.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.