“Un museo das artes de pesca en Aguiño”. Antón Luaces-

30 Xullo 2024

Nunha entrevista concedida polo patrón maior do pósito de Aguiño-Carreira a , O Barbanza, o responsable da confraría de pescadores, José Antonio Santamaría Sampedro, fai mención aos cen anos que a entidade que preside vai cumprir en poucos días.

Obviamente, queren celebralo. E non sería pouco que, con tal motivo, a Consellería do Mar, o concello de Ribeira e calquera outra sociedade (pública ou privada) se xuntaran para facer que o que hoxe é un soño para Santamaría Sampedro, se fixera redalidade antes de que deixe noutras mans o temón do pósito, dado que pensa que lle chega a hora da remuda, que alguén máis novo se faga cargo da confraría.

Só pide que lle concedan o seu soño: que Aguiño (que é tanto como dicir Ribeira ou Galicia) terra de pescadores teña un pequeno museo no que propios e estranos podan coñecer os principais argumentos da pesca. Entre estes, un pequeno museo das artes de pesca. 

E a min, lector non me parece nada mal. Porque, ao igual que as dornas van desaparecendo do mar, tamén as artes de pesca esmorecen na memoria dos que as coñeceron e, lóxicamente, usaron.

O espello ou mirafondos, a francada, o femieiro, rascos, miños, betas, trasmallos, xeito, bou de vara, raspeta, boliche, racú, chinchorro, algúns son (aínda) utilizados, outros xa non só non se empregan senón que son descoñecidos polas novas xeracións de galegos. E que o pósito de Aguiño-Carreira tivera ese museo que o seu patrón maior quixera ter, nen moito menos me parece un sensentido, senón algo que legar a un territorio que moi ben se pode gabar dun pasado e un presente que fala de xeito evidente, de mar, de pesca, de marisqueo…

Non ocuparía moitio espazo, e estou seguro de que no ámbito municipal haberá familias que conserven o que ben poderían doar ou ceder temporalmente á confraría, para que José Antonio Santamaría Sampedro leve a cabo esa transición poñendo un broche de ouro a unha xestión de moitos anos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.