José Antonio Santamaría Sampedro, dez anos o fronte da Confraría de Aguiño:
“É necesaria a colaboración de todos para recuperala la ría”
Aguiño celebra a súa XXV Festa do Percebe e o Centenario da Confraría

Este 28 de xullo Aguiño celebra a súa “Festa do Percebe”,decelarada hai dous anos Festa de
Interese Turístico Galeg, un día que será máis especial se cabe xa que coincide con dous acontecementos únicos: o 25 aniversario da celebración desta cita e a celebración do centenario da Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño.
O 19 de outubro de 1924 constitúese o “Pósito de Pescadores de Carreira”, e apenas tres lustros despois, o 12 de novembro de 1944 nacía a ”Cofradía de Pescadores de Carreira e Aguiño”, baixo a
avocación de San Paio.
Dez anos leva o fronte da mesma, José Antonio Santamaría Sampedro, un carreirán que transformou a entidade desde que no verán do 2014 fora elixido para levar o temón na entidade. Con el, nesta ocasión, imos falar sobre a festa e que supón estar o fronte dunha entidade pronto centenaria.
-O Barbanza.- O próximo 28 de xullo celebrase a XXV edición da Festa do Percebe de Aguiño,
porqué esa data?.
José A. Santamaría.- Non ten ningunha razón especial, escolleuse por ser verán e ser a mellor para
poder participar nela co bo tempo e ser amais época de turistas. Tratábase de potencialo percebe e
decidiuse que fora o a derradeira semana de xullo ou a primeira de agosto.
-OB. Este ano coincide con tres datas históricas a dos 100 de Confraría de Carreira-Aguiño, os
80 da fusión das dúas confrarías e a dos 25 anos da Festa do Percebe. Hai algún cambio previsto
na edición deste ano por estes aniversarios?.
JAS.- Temos previsto algúns cambios, por exemplo o do distintivo da festa, aumentarase a cantidade
de percebe nas racións, tamén poñeranse á venda unhas camisetas conmemorativas da festa e
nomearanse os percebeiros de honra que serán este ano Domingo Ayaso, que é carpinteiro de ribeira
que é moi querido neste pobo e que leva toda a vida facendo e reparando dornas, e Daniel Bravo que
é de Carreira o seu pai estivo vinculado á confraría e el é catedrático de historia, un coñecido
historiador e escritor que tamén nos está axudando co Centenario de cara ao vindeiro mes de outubro,
cando celebraremos unhas charlas conmemorativas.
OB.- Qué supón para vostede estar o fronte deste organismo que pronto vai cumprir cen anos?.
JAS.- Para min é unha honra. Eu e a miña familia estivemos sempre unidos á Confraría, incluso o
padriño da miña nai foi un dos artífices da posta en marcha da actual Confraría nos anos corenta e iso
e a vinculación familiar o mundo do mar fan que para min ser o responsable da Confraría sexa todo un
orgullo.
OB.- Vas continuar o fronte da Confraría?
JAS.- Creo que é necesaria xa unha renovación. Por iso estou pensando que debo deixar xa os mozos
xa que cando chega o tempo de xubilarse hai que dar paso a outra xente.
OB.- Recentemente procedeuse a un cambio o fronte da Consellería do mar”, debido á remodelación
do goberno galego trala eleccións de febreiro. Como son as relacións coa administración autonómica?.
JAS.- As relacións son boas, temos moito medo e estamos a facer fincapé coa Consellería co
problema que temos co marisqueo e con outras actividades que van a menos incluído o percebe, e
estaos a facer más presión para que nos escoiten e que se busquen solucións, non de cartos nin a corto
prazo pero que se fagan actuacións que permitan recuperar a ría a medio prazo. A veces somos
inxustos porque creemos que as solucións teñen que ser rápido pero é necesario que se empece a
actuar, con sementes, con estudos e a nivel biolóxico e que con iso se permita a recuperación dos
bancos e da ría, e para iso estamos dispostos a colaborar. Pero é necesario que se faga xa. O único
que podemos achacar a administración é que teñan algo de arranque e empecen a actuar xa.
OB.- Cales son as causas da baixada na produción marisqueira?
JAS.-As causas son variadas. Todos estamos de acordo, os que levamos toda a vida o mar, que algo
natural pasa, coa desaparición de especies de aquí como a aparición de especies de fora, a temperatura
da auga o cambio climático, é algo que nos non imos poder cambiar pero si axudar coas capturas, coa
extracción, con controis… temos que mellorar nos, entoar a nosa mea culpa.
Pero ata ei podemos chegar, pero o que é o problema, a causa en si vemos que é natural e ai hai que
traballar mais.
OB.-Falemos de furtivismo?.
JAS.- Sería ilusorio dicir que non o hai. Temos o furtivismo que nos chamamos profesional, aqueles
legais que extraen máis produto do permitido e fan moito dano á Confraría, e despois hai o que
chamamos furtivismo de necesidade, de drogas e ese é o que nos costa máis erradicalo xa que non hai
capacidade para actuar baixo pena de cárcere xa que o ser insolventes a xustiza non logra poñerlle
límite con pouco mais de prohibir que baixen ás praias por un tempo. Creemos que deberían
endurecerse mais as penas e isto é diario xa que fai dano non so económico se non natural e ós nosos
compañeiros de vixilancia.
O.B- Non podemos deixar de lado un tema que está a preocupar a amplos sectores sociais de
toda a ría. Falamos das plantas de Altri e Touro. Como valorades o temas desde a Confraría?
JAS.- Nos actuamos de acordo coa Federación de Confrarías onde estamos integrados. Pensamos que
si iso non reúne as condicións axeitadas non o queremos xa que danaría a ría. Sendo egoístas a nosa
resposta sería que en caso que non ocasione problemas debería tamén prohibirse xa que queremos o
noso mar a toda costa, pero loxicamente hai que pensar que hai empresas e zonas que necesitan
actividade industrial, xa que non sementes podemos pensar que podemos vivir, de pesca, agricultura,
natureza e turismo. Sabemos que a industria ten que ir para arriba, pero somos cautos e queremos ir
encontra de algo que nos vai a danar.
Desde a federación estamos a mirar como se fan as cousas e si vemos que se fai algo que non está
ben opoñerémonos taxantemente e estaremos en primeira fila encontra desas industrias.
OB.- As capturas deste ano como van?
JAS. Van regular. Imos con medio millón de euros menos con respecto ás cifras do ano pasado que
foi un moi bo ano que chegamos a unhas vendas de mais de tres millóns de vendas brutas, e iso que o
marisqueo foi moi fatal. En cambio houbo moi boas capturas de ourizo que fixo que o balance da
Confraría fora positivo en xeral, pero houbo mariñeiros que o pasaron bastante mal xa que non se
dedican a esa captura. A veces hai que diferenciar o conxunto da actividade particular. Polo que
respeta a este ano o prezo do ourizo vai moi ben uns 13 euros/quilo o que levantou a facturación xeral.
OB.- A curto e medio prazo cales son as peticións e necesidades da Confraría integrada
actualmente por 150 socios e unhas 90 embarcacións?
JAS.- Nos non pedimos moito, válenos material por así dicilo de “segunda man” pero que
loxicamente estean operativas.
A nivel portuario queremos que se arranxen dunha vez por todas as ramplas por onde subimos as
nosas embarcacións, que se faga un bo proxecto. Que se faga unha dársena que vai moi lentamente no
seu desenvolvemento e que está xa proxectado despois de dous anos, o galpón das redeiras estase
arraxando o tellado, pero estamos a falar con Portos de Galicia para que mais adiante se actúe en toda
acuberta. Con isto o que é o porto de Aguiño mais ou menos tería cubertas as súas necesidades
principais.
En canto ás necesidades da confraría necesitamos unha lancha de vixilancia adaptada para a nosa
costa, tamén e acabar un proxecto da arranxar a nosa oficina que leva anos sen rematar e crear un
pequeno museo para amosar as artes de pesca.




