
A ringleira de persoas á espera de facerse cunha ración de percebes enchía este mediodía o peirao de Aguiño, no concello de Ribeira. É a festa de exaltación gastronómica máis importante da localidade.
Os que andaron aos percebes case toda a vida dinos que os de aquí están especialmente bos porque os collen en piña.
Este domingo servíronse 900 quilos, a 18 euros a ración.
Entrevista a José Antonio Santamaría Sampedro, dez anos o fronte da Confraría




