Os Fogos do Apóstolo do 24 reducen as súas localizacións a tres puntos da cidade de Santiago

24 Xullo 2024

Este ano o espectáculo dos Fogos do Apóstolo da noite do 24 localízase só en tres puntos da cidade de Santiago.

Espectaculares e coloridos coma sempre, pero máis concentrados. A noite do 24, se queren coller o mellor sitio para gozar do espectáculo dos Fogos do Apóstolo, teñan en conta que se reduce o número de localizacións a só tres: o parque da Alameda, o parque de Carlomagno e a Cidade da Cultura.

O espectáculo pirotécnico ten tamén este ano un presuposto un pouco máis reducido: uns 217.000 euros, é dicir, trece mil euros menos que o ano pasado. Aínda así, desde a empresa catalá que se encarga dos fogos, tamén a mesma que en 2023, anuncian que efectos non van faltar nos 18 minutos que vai durar o espectáculo.

A empresa encargada dos fogos, que xa participou en eventos como os Xogos Olímpicos de Barcelona ou o Mundial de Fútbol do Brasil, leva tempo deseñando o espectáculo. De feito probarán aquí en Santiago efectos que despois irán a París.

3.600 quilos de pólvora que lle porán cor e brillo á noite do 24, pero, atención, porque prometen que os chamados ‘fogos pequenos’, no parque da alameda, o día 31, van ser tamén moi potentes.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.