En marcha Dodro Escoita

15 Febreiro 2020

Dodro pon en marcha un novo programa dirixido ao seguimento e acompañamento para maiores que viven sós na súa casa. O concello a través do programa “Dodro Escoita” xa contactou por carta con preto de cen veciños que poden acollerse a esta iniciativa .Trátase de persoas maiores que non teñen ningunha prestación ou ficha aberta en Servizos Sociais.

A día de hoxe, dez xa se adheriron á iniciativa, segundo explica o concelleiro de Servizos Sociais e Benestar de Dodro, Xoán Bautista Mariño. Unha vez adherido o proxecto o persoal de Servizos Sociais empezarán a chamar todos os días ás persoas beneficiarias, cun seguimento e control mediante un protocolo a través do que se anotarán as incidencias, valoracións e posterior análise para o estudo de cada caso. Outros concellos interesáronse por este servizo gratuíto.

Consistorio de Dodro

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.