A Sede Electrónica de Rianxo permite recuperar todos os documentos electrónicos xa presentados

22 Xullo 2024

O Concello de Rianxo segue a traballar para ampliar as funcións da administración local no ámbito dixital. Este luns 22 de xullo o Goberno rianxeiro informou de que a Sede Electrónica permite desde xa buscar e recuperar de forma doada todos os documentos que se presentaron a través dela.

“Esta nova funcionalidade da Sede permítenos seguir avanzando nos obxectivos da modernización tecnolóxica das administracións públicas”, explicou o Concello, engadindo que deste xeito calquera documento xa presentado pode ser recuperado para unha nova solicitude ou trámite”.

O acceso faise a través da sección Os meus documentos que está localizada na sección As miñas xestións​​​​​​​.

Para o acceso á Sede Electrónica e a presentación de documentación é necesario certificado electrónico, DNI electrónico ou Cl@ve, que a veciñanza pode obter de forma doada no Rexistro Xeral do Concello ou no Auditorio co novo servizo de activación de Cl@ve Permanente​​​​​​​.

Outros artigos

Contra a incomunicación e o illamento

Continúa o importante labor da central telefónica de atención á soidade non desexada habilitada pola Xunta A central telefónica de atención á soidade non desexada habilitada pola Xunta fai un chamamento ás galegas e aos galegos para tirar proveito do servizo e atopar,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.