Case 700 persoas participaron na nova edición do xantar da terceira idade de Boiro

14 Febreiro 2020

O Concello de Boiro celebrou este venres 14 de febreiro a nova edición do seu xa histórico Xantar de Confraternidade da Terceira Idade, no que finalmente participaron case 700 persoas, entre veciñanza e representantes institucionais.

A cita foi no Polideportivo de Barraña e contou coa presenza da conselleira de Política Social, Fabiola García, a deputada provincial, Sandra González e o alcalde de Boiro, José Ramón Romero. Tamén acudiron os concelleiros Luis Ruíz, Marcos Fajardo e María Outerial, os membros da corporación Juan José Dieste e Manuel Velo Velo, o alcalde da Pobra, Xosé Lois Piñeiro e a tenente de alcalde de Ribeira, María Sampedro.

Amais quixeron unirse á celebración as e os representantes doutras destacadas entidades da comarca e da xeografía galega, como a presidenta de Cruz Vermella, Rosa Abuín, e a representante do comité da organización humanitaria en Boiro, Elena Castro, tamén a secretaria de Cáritas en Boiro, María Rocío Rodríguez e a directora do centro de Día de Boiro, Mercedes Lijó.

Os comensais desfrutaron dun menú composto por tres mariscos, lagostinos, ameixas e camarón, rape e xarrete, pratos que deron paso á vertente musical da celebración. O alcalde de Boiro sinalou no transcurso do xantar que “o colectivo da terceira idade e moi importante para o Concello e por iso desde a Administración local, e en concreto desde o departamento de Servizos Sociais, estase a traballar arreo para garantir aos nosos maiores a mellor calidade de vida e ocio”.

Outros artigos

A Boliña (Boiro) celebra este sábado o seu magosto

O Campo de Revelar (A Boliña, Boiro) vai acoller este 7 de novembro a celebración do magosto popular da Boliña. Será unha cita participativa para veciños e visitantes que dará comezo ás 18.00 horas do sábado. Haberá celebracións gastronómicas con castañas e viño e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.