A expresión en movemento toma Outes este 18 de xullo coas actuacións e obradoiros do Festival Abanea

18 Xullo 2024

Este xoves 18 de xullo temos en Outes unha cita coa danza e a expresión en movemento grazas ao Festival Abanea que promove o Concello de Outes para a veciñanza.

Mostrarase ao público (no Espazo Museístico da Carpintaría da Ribeira de Broña) La declamación muda, de Melania Olcina (Madrid), Premio Nacional de Danza 2023 e Drauma, de Paulina Espinosa e Mariana Oliveira (México-Portugal), gañadoras do certame de creación Sólodos en Danza de Costa Rica con esta peza.

Amais, presentarase no Museo o espectáculo Os ollos cara adentro de Cía Ixa e levaranse a cabo, na contorna da praia de Broña, os obradoiros Danza en familia de Laura Quintás e A danza como lugar de recreo (ás 18.00 horas, na contorna do areal).

Tamén está previsto que actúen Mounqup e Yeinner Chicas (vertente musical).

Podemos consultar a axenda completa na Rede.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.