María Sampedro asume con “toda a ilusión do mundo” a responsabilidade de liderar o PP para que Ribeira volva a ser un referente na comarca

17 Xullo 2024

A Comisión Organizadora do Congreso (COC) de Ribeira proclamou hoxe a María Sampedro como nova presidente local do Partido Popular no municipio da comarca de O Barbanza, despois de que a lista da candidato lograse o apoio do 100% dos participantes no congreso celebrado no día de hoxe.
Acompañado polo presidente provincial, Diego Calvo, pola secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e polo seu homólogo provincial, Evaristo Ben, as primeiras palabras de Sampedro xa como presidenta local foron para
agradecer a confianza de todas as persoas que lle deron o seu apoio para tomar as rendas da formación.

“Nada disto tería sentido sen todos vós. O PP de Ribeira son os seus afiliados, os seus simpatizantes e todas aquelas persoas que nos botan unha man sempre que os necesitamos. A todos vós, grazas, grazas de
corazón”, dixo a voceira popular.

Responsabilizada e “con toda a ilusión do mundo” ante o novo reto que ten por diante, Sampedro referiuse ao ata o de agora presidente local, Manolo Ruiz, ao que cualificou de “referente” e “exemplo” do que debe ser unha persoa entregada ao servizo público e, en concreto, a Ribeira e aos seus veciños.
“Manolo foi, é e será sempre fundamental para nós. Puxo a Ribeira por diante de calquera interese persoal e ensinounos o que significa o compromiso con toda a xente de aquí”, dixo Sampedro.
Coa mente posta no presente, pero tamén no futuro do día a día do municipio, a presidenta local incidiu na importancia de “abrir” as portas da formación para acoller, dixo, a todas as persoas que conforman “a gran familia” que sempre foi o Partido Popular de Ribeira.
“Conto con todos. Non sobra ninguén, todo o contrario, vou necesitar a todos os que estades e a todos os que estou seguro de que estarán no futuro”, apuntou Sampedro, quen apelou á “unidade” e a capacidade de
mirar ao futuro sen rencor e sabendo que será necesario “sumar máis que nunca” para que o PP de Ribeira recupere o lugar que nunca debeu perder.

Unha namorada de Ribeira
Pola súa banda, Diego Calvo, quen agradeceu o “compromiso, o traballo e a dedicación”, que Manolo Ruiz demostrou sempre por Ribeira, felicitou á nova presidenta local. “Mariola é unha namorada de Ribeira, unha
namorada de toda a xente de aquí e unha persoa que desde moi pequena asumiu como propio o obxectivo de mellorar as vida dos seus veciños”, dixo.
Neste sentido, o presidente provincial asegurou que a portavoz popular “tivo claro dende ben nova que quería formar parte deste proxecto e ten claro tamén que o camiño para gañar non é sinxelo e que pasa sempre pola unidade, pola integración e polo traballo e polo compromiso”.

“Para que Galicia funcione, Ribeira ten que funcionar”
Pola súa banda, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, quixo recoñecer o traballo feito por Manolo Ruiz ao longo destes anos e trasladou os seus mellores desexos á nova presidenta e ao seu equipo no obxectivo de
“devolver Ribeira á senda da estabilidade, a xestión e o sentidiño que son marca da casa e que nunca deberon perderse neste concello”.
“Para que Galicia funcione, Ribeira ten que funcionar”, engadiu facendo unha contraposición entre “un Goberno galego liderado por Alfonso Rueda que conta cun grande apoio e non se debe máis que aos galegos”
e a situación local cun “desgoberno que non foi o que votaron maioritariamente os ribeirenses senón o resultado dun pacto de perdedores”.
Criticou con dureza o “sectarismo” e a “radicalidade” dun BNG cuxas prioridades, por moito que intenten ocultalas, están moi afastadas do sentir dos galegos. Por iso animou a María Sampedro a “traballar para que
Ribeira poida volver contar cun goberno forte e estable como o que os ribeirenses merecen e necesitan para non perder o tempo e resolver os problemas da xente”.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.