Sábado soleado e domingo con choiva. O tempo estival regresa a partir do martes

12 Xullo 2024

Este sábado  agárdanse ceos con algunhas nubes de tipo medio e alto, alternando con momentos de grandes claros. Posibilidade de néboas matinais en zonas de interior e brétemas costeiras pola noite no litoral atlántico. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas experimentarán un moderado ascenso, 25 graos. Os ventos soprarán do nordés, moderados no litoral norte, con intervalos fortes entre Bares e Costa da Morte.

O domingo regresa a choiva e cae a temperatura.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá e variable á tarde e á noite, forza 2 a 4 á mañá, 2 a 3 á tarde e 1 a 3 á noite. Mar ovellado. Visibilidade boa á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.