Turismo de Galicia contribúe con 40.000 euros á Romaría Viquinga de Catoira

28 Xuño 2024

Este venres 29 de xuño presentouse en Catoira o programa da edición 2024 da Romaría Vikinga, un acto ao que asistiu o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, que definiu a festa como unha cita con “gran atractivo turístico internacional en base aos valores culturais, tradicionais e tamén etnográficos” e que, ademais, conta co apoio da Xunta de Galicia na súa condición de festividade de interese turístico internacional. Neste senso, lembrou que Turismo de Galicia apoia a celebración con 40.000 euros e destacou tamén o significado destas celebracións en tanto que “serven para estreitar lazos entre os pobos”. Así, destacou os contactos realizados cos países nórdicos para construír barcos de acordo ás técnicas tradicionais desas rexións.

Unha festividade histórica

A Romaría Viquinga de Catoira é unha das celebracións máis singulares e coñecidas en Galicia. Segundo explica o Concello de Catoira, a tradición desta festa profana remóntase a 1960, cando se celebrou por vez primeira un acto rememorando os desembarcos nas terras do Ulla. Foron os membros do Ateneo do Ullán —foro artístico e literario integrado por intelectuais da zona— os precursores dun festexo que comezou sendo unha reunión de amigos con inquedanzas culturais comúns. A partir de 1965, os traballadores dunha empresa local remudáronos, e durante case 25 anos asumiron a organización e patrocinio dunha romaría que, co paso do tempo, consolidouse e adquiriu máis sona internacional. 

En 1989, dadas as dimensións que ía adquirindo a Romaría e o crecente investimento preciso para dar resposta ás expectativas que espertaba, foi o goberno local o que asumiu a organización do evento. Este novo período estivo marcado pola introdución de novidades que enriqueceron a festa e pola súa proxección a nivel autonómico, nacional e internacional. Un bo exemplo disto é a irmandade que se establece con Frederikssund, a vila de maior tradición viquinga en Dinamarca.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.