Igualdade da Deputación presenta unha convocatoria da campaña “Liberdade de ser e sentir”

26 Xuño 2024

A área de igualdade, lingua e dereitos civís da Deputación da Coruña, liderada pola deputada Soledad Agra, activou (por sétimo ano consecutivo) unha nova edición da súa campaña Liberdade de ser e sentir, con motivo da conmemoración do 28 de xuño, día da diversidade sexual. A deputada presentou este 26 de xuño os detalles da nova convocatoria, á que se adheriron 84 concellos da provincia (todos os da comarca do Barbanza), acompañada de membros da asociación Alas A Coruña; o Colectivo CBV #ChamizoBelloVila e a produtora Mala Herba, que participaron no deseño das actividades.

“As actividades quepresentamos van continuar máis aló do 28 de xuño”, explicou Soledad Agra, “xa que queremos poder sentirnos orgullosas de ser e sentir cada día do ano”.

O programa inclúe faladoiros e obradoiros de sensibilización en diferentes concellos da provincia; unha obra de teatro que transita entre a violencia que sofre o colectivo; material didáctico audiovisual para os concellos e entidades e a instalación dun punto informativo na coruñesa praza de Lugo o 29 de xuño. A axenda tamén incluíu o congreso Memoria diversa celebrado os pasados 31 de maio e 1 de xuño.

Obradoiros e Punto de información

A asociación Alas A Coruña impartirá obradoiros de sensibilización en 10 concellos da provincia, “espazos seguros de debate e conversa, fronte á desinformación e os discursos de odio, para desmitificar, romper prexuízos e achegarnos á cidadanía dunha maneira bonita” explican dende a entidade. Ademais, contarán cun posto informativo na Coruña, na praza de Lugo, o sábado 29 de xuño de 11h a 15h, “onde estaremos a pe de rúa falando coa veciñanza, ofrecendo información a través de xogos e dinámicas participativas e, por suposto, repartindo diversidade e pluma”, engaden.

Obra de Teatro

Outra das actividades é a obra de teatro Menú do día, do Colectivo CBV #ChamizoBelloVila, que contará con 5 representacións en diferentes espazos. Trátase dunha peza “que pon o foco nas violencias que sufrimos as persoas LGTBIQ+; un menú do día que temos que comer si ou si”, afirma Alberte Bello. “É a nosa primeira creación e nace dun traballo en proceso”. Revelándose desde a resiliencia nunha festa pola diversidade, esta obra pon de manifesto “de xeito transversal”, que “estamos preparades para ser libres dunha vez por todas”.

Materiais divulgativos

Ademais, a produtora Mala Herba vai “desmontar prexuízos”, tal e como afirmaron, a través dunha serie de materiais e pezas audiovisuais que se repartirán entre os concellos adheridos e se poñerán a disposición de toda a cidadanía na páxina web da campaña seresentir.gal. “Queremos desmitificar bulos, e tamén falar de cousas máis cotiás, problemáticas que están á orde do día e que aínda sufrimos na actualidade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.