Morre José María Caneda, histórico presidente do Compostela

24 Xuño 2024

Pesar no mundo do fútbol galego que lle di adeus ao histórico presidente da Sociedade Deportiva Compostela José María Caneda. Faleceu neste luns 24 de xuño, despois de loitar contra unha grave enfermidade os últimos anos da súa vida. 

Caneda será lembrado polo éxito co cadro santiagués. Colleuno en Terceira División e, da man de Fernando Castro Santos como técnico, ascendeuno ata a Primeira División no 1994 e mantivo esta categoría durante catro campionatos. 

De forte carácter, deixou momentos e frases que pasarán á historia do fútbol español. Nunca calaba a súa opinión e non deixaba a ninguén indiferente. 

A SD Compostela publicou varias mensaxes en redes sociais lamentando a perda de quen fixo “realidade o soño” da capital galega de levar o seu equipo fútbol “todo o máis alto”. “Sempre estarás nos nosos corazóns”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.