Outes convértese no único concello galego adherido ao circuíto de artes escénicas Audaces

19 Xuño 2024

O tenente alcalde de Outes e concelleiro de Cultura Anxo Núñez deu a coñecer a inclusión do municipio no Circuíto Audaces (Circuíto Estatal de Artes Escénicas para Audiencias Escolares), o que converte a Outes no primeiro e único territorio de toda Galicia que acada a adhesión á dita iniciativa, cuxo obxectivo é promover e fomentar a mobilidade de espectáculos dirixidos ao público escolar, amais de potenciar a cohesión social no territorio e sensibilizar sobre a importancia de incluír as artes escénicas como valor educativo dentro dos proxectos curriculares dos centros.

A inclusión de Outes no proxecto foi dada a coñecer por Anxo Núñez e máis polo técnico de cultura local Santiago Nieto. Núñez salientou as posibilidades que se abren con esta adhesión, achegando a cultura á rapazada e á mocidade e incrementando a oferta de lecer do Concello. Segundo engadiu, a adhesión comezará a materializarse este ano 2024.

Nieto explicou que Outes será o único territorio galego que formará parte do circuíto, integrado por 17 espazos estatais. Tamén fixo saber que Audaces non só pon o foco na exhibición, senón tamén na implicación e na participación. O catálogo de Audaces incorpora unha trintena de espectáculos, delas a rapazada e a mocidade de Outes poderá gozar, nun principio, dun total de catro.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.