Aguiño acolle este sábado 22 a VII edición do Festival Son’s de Música e Canto Tradicional, organizado pola Asociación Francisco Lorenzo Mariño

18 Xuño 2024

A Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño que preside Elvira Pisos vai organizar esta semana a sétima edición do Festival Son´s de Música e Canto Tradicional, con sede en Aguiño. O certame desenvolverase o vindeiro sábado 22 de xuño no Conservatorio, coa participación de seis grupos chegados de Corrubedo, Castiñeiras, Ribeira e Aguiño, coa anfitrioa, o grupo As 7 linguas que pertence á asociación.

Participarán preto de 150 persoas de diferentes idades (dende nenas a maiores) chegadas doutras vilas e parroquias que forman parte das ditas agrupacións.

O festival é aberto e gratuíto a calquera persoa, ás 21 h, polo que abrirá as súas portas 1/2 h antes.

Ao rematar o acto, a asociación entregará uns agasallos conmemorativos aos grupos participantes e organizará unha foliada libre onde poderá participar calquera persoa que “teña gañas de cantar, tocar e bailar”, sinalou a entidade que leva o nome do párroco de Aquiño, engadindo que as persoas que o desexen poderán traer tamén “algo de beber e comer para sumar ao que poña a asociación para esta festiña compartida entre todos”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...