A Deputación da Coruña impulsa con 650.000 euros a actividade das confrarías de pescadores e agrupacións marisqueiras da provincia

17 Xuño 2024

A Deputación da Coruña concedeu 649.532,97 euros en axudas ás confrarías de pescadores e agrupacións pesqueiras da provincia para “o fomento da súa actividade e a promoción dos seus produtos”. Este apoios incrementáronse un 30% con respecto ao ano anterior, pasando de 500.000 euros a case 650.000 euros, co obxectivo de “apoiar non só as actividades, o funcionamento e a contratación de servizos dos pósitos, senón tamén as festas de exaltación de produtos pesqueiros de proximidade, atendendo así unha das demandas do sector”, explicaron fontes da institución.

Valentín González, presidente da Deputación da Coruña

Este ano, as axudas que recibirá cada confraría oscilan entre os 5.100 e os 25.000 euros que poden destinar á contratación de persoal, adquisición de sementes de moluscos, alugueiro de maquinaria ou equipamentos necesarios para o desenvolvemento das actividades de confrarías, lonxas ou fábricas de xeo ou contratación de servizos externos, como a vixilancia.

Na liña de axustar o máximo posíbel o investimento ás demandas e necesidades das entidades, a deputada provincial e presidenta da comisión de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán, mantivo varias reunións coas confrarías da provincia nos últimos meses. A deputada lembrou “a importancia social e económica que os sectores pesqueiro e marisqueiro teñen na provincia da Coruña, onde xeran miles de empregos”. E engadiu: “Desde a Deputación queremos seguir apoiando a un sector estratéxico na nosa provincia”, apuntou a Capelán, que destacou que “as axudas chegan á práctica totalidade dos pósitos da provincia e supoñen unha axuda fundamental para o seu funcionamento”.

Entre as entidades beneficiarias da nosa comarca atópanse as seguintes (cos importes da subvención):

-Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño:13.800,00€.

-Confraría de Pescadores de Muros: 20.000,00€.

-Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal: 20.000,00€.

-Confraría de Pescadores de Cabo de Cruz: 19.000,00€.

-Confraría de Pescadores San Andrés (Portosín): 19.000,00€.

-Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia: 20.000,00€.

-Confraría de Pescadores San Pedro Santa Uxía de Ribeira: 20.000,00€.

-Confraría de Pescadores San Telmo de Porto do Son: 20.000,00€.

-Confraría de Pescadores de Rianxo: 19.000,00€.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.