Os seareiros dos automóbiles clásicos do Barbanza e Galicia teñen unha cita este sábado en Rianxo

14 Xuño 2024

Este sábado 15 de xuño a praza de Castelao de Rianxo vai ser o punto de encontro dunha xuntanza nocturna de vehículos clásicos. Segundo os datos da organización do evento, estímase que un cento de vehículos de máis de 30 anos de antigüidade se xunten en Rianxo. A segunda Quedada Nocturna de Clásicos do Barbanza ten abertas as inscricións nos teléfonos 610 108 301 e 609 824 334. A concentración dará comezo ás 19.00 horas na praza de Castelao. O programa de actividades inclúe museo de coches históricos, música (DJ e The Cuncas) e paella. Colaboran o Concello de Rianxo e a Cafetería Castelao.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.