Os centros comerciais abertos dispoñen de 2,25 millóns para avanzar en transformación tecnolóxica

13 Xuño 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, debullou este 13 de xuño no Parlamento a folla de ruta da Xunta para fortalecer a actividade dos centros comerciais abertos das nosas vilas e cidades, co obxectivo de facelos máis competitivos, identificábeis, innovadores e atractivos. O proceso baséase en boa medida nun novo impulso á transformación tecnolóxica. Por exemplo cos 2,25 millóns de euros acabados de mobilizar para a innovación e dinamización dos centros.

Explicou que o labor da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración centrarase en “impulsar Centros Comercias Abertos que estean perfectamente definidos, sexan identificábeis e específicos dentro dos espazos urbanos, e sobre os que actúe unha única asociación de comerciantes”. Incidiu que sobre este eixo xirará a nova estratexia de comercio sobre a que está a traballar a Xunta de Galicia: “Estamos a traballar nun novo concepto para dinamizar dun xeito integral estes espazos contando con todos os axentes do territorio”, afirmou Alén, indicando, ademais, que a Axencia Turismo de Galicia xogará un papel importante porque estas áreas pretenden ser un recurso turístico máis para as vilas e cidades.

O director xeral lembrou que a Xunta xa destinou en 2023 un total de 2,25 millóns de euros para apoiar 51 centros comerciais abertos de cidades e vilas de Galicia e recordou que o pasado mes de maio convocouse a orde de axudas deste ano, dotada con outros 2,25 millóns de euros para a innovación e dinamización destes centros. “Son apoios que ademais de financiar custes do xerente e gastos de actividades tamén van dirixidos a mellorar a fidelización e a dixitalización con medidas como bonificacións para aparcar a través dos tíckets de compra o través da creación e mantemento de mercados enliña, páxinas web ou mupis e sinalización dixital, entre outros”.

Con esta iniciativa, Alén apuntou que o que se busca é crear un entorno de confianza e de interese para os consumidores. Estes apoios poden solicitarse ata o vindeiro 24 de xuño.

Remuda e Mercados Excelentes

Sobre a remuda, Alén sinalou que é “sen dúbida un dos grandes retos no sector comercial e recordou”, ao respecto, “o Bono Remuda que acaba de lanzar o Goberno galego cun orzamento de 1,5 millóns de euros para fomentar o traspaso de negocios e garantir a súa permanencia no seo do tecido produtivo galego”. A orde, cuxo prazo de solicitude está aberto ata o vindeiro 30 de outubro, enmárcase no Plan de remuda que está a funcionar ao abeiro da Rede de polos de emprendemento que ten 13 centros activos. O obxectivo é “evitar o peche de negocios por falta de remuda, ao tempo que se facilita que as persoas interesadas en emprender poidan recoller a testemuña dun negocio xa viable economicamente”.

O director xeral de Comercio e consumo fixo tamén fincapé en medidas de formación para mellorar a capacitación dos comerciantes cara á dixitalización, modernización e innovación e na comisión parlmentaria referiuse “á importancia que está a dar o Goberno galego aos mercados excelentes para que conserven a súa tradición con mellores estéticas, funcionais, de accesibilidade e ofrezan e dean a coñecer a calidade dos produtos agroalimentarios de Galicia”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.