O Torneo CONGALSA de Fútbol Base de Ribeira recada dez mil euros para a Fundación Aladina

13 Xuño 2024

Finalmente o acontecemento deportivo solidario Torneo CONGALSA de Fútbol Base de Ribeira recadou dez mil euros para a Fundación Aladina, fundación española sen ánimo de lucro fundada en 2005 cuxo obxectivo é incrementar a calidade de vida das nenas e nenos con cancro, ao tempo que se impulsa a investigación nesta enfermidade. O dato foi dado a coñecer polo alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, o concelleiro delegado de Sanidade, Juan Luis Furones, e o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, acompañados de Julio Mariño, promotor do Torneo e Isabel Cañas, directora de Relacións Externas da empresa pobrense CONGALSA. Na cita fíxose balance da cantidade recadada (9.780 euros) e entregouse o cheque á Fundación Aladina.

O promotor do torneo, Julio Mariño quixo agradecer a implicación de administracións, empresas, ao padriño, Ramiro Carregal, e a sociedade en xeral nesta iniciativa que, máis aló do seu valor deportivo, “ten un fin social”.

O delegado de Sanidade, Juan Luis Furones tamén na condición de socio da Fundación Aladina, deu os parabéns a Julio Mariño polo traballo feito e a recadación de fondos conseguida.

O rexedor Luís Pérez tamén agradeceu a Julio Mariño a organización do Torneo e a tódalas empresas e actores implicados no torneo. “Podemos sacar peito de que Ribeira é un Concello solidario, e debemos seguir apostando pola investigación con fondos públicos e con todas as asociacións e fundacións que fan un gran labor social”, engadiu.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...