O Lustres Rivas acolleu a presentación dun libro colectivo que xunta dezasete relatos da nosa canteira literaria: “Historias de Barbantia”

13 Xuño 2024

O Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira acolleu a presentaciónde Historias de Barbantia, unha compilación de 17 relatos de autores/as da nosa comarca. No acto de interviñeron Luís Pézez, alcalde de Ribeira, e as escritoras locais María Xesús Blanco e Uxía Casal, ademais dos tamén escritores Antonio Piñeiro e Francisco A. Vidal.

Historias de Barbantia é un proxecto editorial da Asociación Cultural Barbantia que xunta dezasete plumas, dezasete estilos, varios argumentos, temas e tramas, unidos “tan só pola sinerxía da creatividade”.

O libro de relatos foi publicado pola editorial Galaxia en abril deste mesmo ano. O volume foi coordinado polo escritor boirense de adopción Antón Riveiro Coello, con prólogo de Eme Cartea e portada de Alfonso Costa. Entre outras/os contribucións, achegan relatos os seguintes autores da nosa comarca. Agustín Agra, José Carou, Uxía Casal, Xosé M. Lobato Martínez, Xosé Ricardo Losada Vicente, Antón Riveiro Coello, Patricia Torrado Queiruga, Fidel Vidal Pérez e Francisco A. Vidal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.