A Piscina Municipal de Outes organiza no verán actividades de ioga, zumba, pilates e gap

12 Xuño 2024

A Piscina Municipal de Outes (Concello de Outes) presentou o seu programa de actividades para os meses de verán: o programa Prazas en Movemento, cuxas inscricións están abertas xa na propia Piscina.

O programa inclúe actividades de zumba para adultos (na praza de Galicia, os martes e os xoves) e para a rapazada (no Pavillón de Roo, os luns pola mañá); pilates (na praza do Bosque, os luns, mércores pola mañá e mércores polo serán); Gap (na praza do Bosque os luns e os mércores polo serán); e de ioga (na Piscina Municipal, os luns pola mañá e polo serán, os mércores e oxoves).

O custe de cada actividade é de dez euros por adulto e quenda.

As inscricións faranse na Piscina Municipal: do 10 ao 15 de xuño para abonadas/os e do 17 ao 25 de xuño par non abonadas/os.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.