A Xunta completou a primeira fase do proxecto saneamento en Rois

11 Xuño 2024

A Xunta sacou a licitación este 11 de xuño a segunda fase dos traballos do Plan de saneamento de Galicia. O contrato, cun orzamento de 1,3 millóns de euros, ten como obxectivo “facilitar avances no estado da rede coa que conta a comunidade e optimizar o aproveitamento dos recursos hídricos galegos”. Estes datos foron achegados este martes pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, que visitou as obras de saneamento que Augas de Galicia está a realizar no concello de Rois, onde salientou “que este plan xa está moi avanzado”. En concreto, dixo, “xa se completou a primeira fase dos traballos, na que se analizaron os sistemas de depuración existentes no territorio e se fixo unha diagnose das necesidades”.

Ángeles Vázquez, visitará as obras de construción da estación depuradora de augas residuais de Urdilde

Nun plano máis concreto, Vázquez avanzou que esta segunda fase do plan de saneamento incluirá a creación do rexistro oficial de aglomeracións urbanas de Galicia -en aplicación da lei galega do ciclo da auga- e adaptará tamén a estratexia a seguir ao disposto na nova directiva de augas residuais europeas, que se aprobará previsiblemente este ano.

Ángeles Vázquez explicou que esa estratexia “propiciará a reutilización de augas residuais xa depuradas cando sexa viábel en función dos usos previstos, das condicións sanitarias exixíbeis e de acordo cos estudos técnicos e económicos que se fagan”.

O plan proporá medidas coas que mellorar as instalacións de depuración que resulten ineficientes, reducir as infiltracións nas redes municipais, optimizar a xestión das augas pluviais así como a eficiencia enerxética dos sistemas de saneamento.

Obra de Rois

En canto ás obras de saneamento na parroquia de Urdilde, en Rois, a conselleira explicou que as actuacións implican un investimento de máis de 850.000 euros e que o obxectivo é que estean rematadas a finais de ano. A finalidade é contar cunha nova depuradora e construír a rede de colectores correspondente (máis de 580 metros de tubaxes) que darán servizo a unha poboación equivalente de preto de 550 habitantes.

Os traballos permitirán mellorar o sistema de depuración existente na zona, conectando as vivendas á nova estación depuradora de augas residuais (EDAR), o que terá beneficios no medio ambiente e na calidade das augas da contorna.

Esta é unha das actuacións incluídas nos orzamentos do Executivo galego para este ano, que mobilizará un total de 85 millóns de euros en distintas actuacións de saneamento e depuración de augas -incluíndo a explotación de 27 depuradoras cuxa xestión foi cedida á Xunta polos concellos- e 23 millóns de euros na mellora dos sistemas de abastecemento municipais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.