A Casa da Cultura de Boiro acolle este mércores 12 de xuño de 2024 ás 20.00 horas un concerto da Unidad de Música del Cuartel General del Mando de Apoyo a la Maniobra (CGMAM) para conmemorar o Día das Forzas Armadas 2024 e X aniversario da proclamación de SM o Rei Felipe VI.
A actuación, dirixida polo comandante músico Iván Rodríguez Armán, contará coa interpretación de pezas como York’scher marsch, El año del dragón, Versalles, Arabesque, Louis Armstrong Legend ou Pérez Prado.




