O Liceo de Rianxo acolle a presentación dun proxecto para combater o alzhéimer con terapias musicais: EUTERPE-adn

06 Xuño 2024

O centro terapéutico do Liceo Marítimo de Rianxo acolleu esta semana a presentación do proxecto EUTERPE-adn, no cal participa o Concello rianxeiro da man da asociación AGADEA Alzhéimer. O proxecto, que vén de recibir un millón de euros de financiamento a través do programa Interreg POCTEP, ten como obxectivo principal “explorar o impacto terapéutico da música en persoas maiores e nas que presentan deterioro cognitivo e dano cerebral”.

EUTERPE_adn, acrónimo que fai referencia tanto á musa grega da música como á xenética, acometerá desafíos comúns para Galicia e o Norte de Portugal como é o caso do envellecemento, o despoboamento e a exclusión social. Ao aproveitar o poder terapéutico da música, o proxecto busca mellorar o benestar e a calidade de vida de persoas con demencia/alzhéimer ou dano cerebral, así como en persoas maiores.

En colaboración coa Universidade do Minho, o consorcio combina a experiencia en investigación biomédica coa terapia musical.

Ao abeiro deste proxecto, traballarán de xeito conxunto asociacións e entidades como a Casa da Música do Porto, a Asociación Músicos ao Vivo, Asociación de Dano Cerebral de Compostela (SARELA), a Asociación Galega de axuda aos enfermos con demencia tipo Alzhéimer (AGADEA), a Santa Casa da Misericordia de Porto e a Associação Portuguesa de Familiares e Amigos de Doentes de Alzhéimer.

A iniciativa non só busca fomentar a interacción social e a medicina personalizada a través da terapia musical non farmacolóxica, senón que tamén representa, en palabras das entidades impulsoras, un esforzo pioneiro para abordar desafíos sociais mediante a xenómica e a neuro-psicoloxía xuntas.

Trátase dun estudo lonxitudinal de máis de 60 sesións e con cinco recollidas de mostras biolóxicas e avaliacións neuropsicolóxicas.

Os obradoiros vanse desenvolver en tres centros da Asociación Galega de axuda aos enfermos con demencia tipo Alzhéimer (AGADEA) en Vedra, Rianxo e A Estrada, e na sede de Asociación de Dano Cerebral de Compostela (SARELA) en Santiago de Compostela. En Portugal, realizaranse en dúas residencias da Santa Casa da Misericordia do Porto e na Casa da Memoria de Mim de Matosinhos (Associação Portuguesa de Familiares e Amigos de Doentes de Alzhéimer).

O proxecto ten unha duración de tres anos, e tras a programación musical e o deseño dos protocolos biomédicos, agora en xuño comeza o recrutamento de participantes e a primeira avaliación neurospicolóxica, así como a primeira recollida das mostras biolóxicas (sangue a través dunha pequena punción capilar nun dedo, e saliva a través dun frotis bucodental). En outubro comezarán os talleres de música nos sete centros, a razón de dous días á semana. O estudo culminará coa publicación dos resultados, así como os materiais utilizados, e un Libro Blanco.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...