A comarca manterase durante o xoves nunha situación intermedia , así comezaremos a xornada con brétemas costeiras, que se irán disipando para quedar cos ceos pouco nubrados, con nubes de tipo alto. Á noite e co avance da madrugada do venres entrarán as nubes medias polo sur, con probabilidade dalgún chuvasco treboento. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con lixeiros ascensos. Os ventos soprarán frouxos con intervalos fortes entre Bares e Fisterra.
O noso mar: Vento do norte á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 1 a 2 á mañá, 2 a 4 á tarde e 3 a 5 á noite. Mar rizado á mañá, marusía á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade mala á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do norte, con ondas de 0.5 a 1 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



