Un cidadán de Rianxo vai a xuízo por solicitar ser atendido en galego

03 Xuño 2024


O cidadán que foi sancionado por reclamar ser atendido en galego no Centro de Saúde de Rianxo, en abril de 2021, foi a xuízo na mañá deste luns 3 de xuño. Ás portas do xulgado agardábao unha concentración cidadá de apoio, esgrimiron, á súa “valentía por manterse firme na defensa dos dereitos lingüísticos, fronte ao ataque das institucións que deberan defendelos”.

A Mesa pola Normalización Lingüística aproveitou para denunciar que a intención da Administración sanitaria, da Policía Local e da Delegación do Goberno detrás destes feitos é, nas palabras do seu presidente, Marcos Maceira, “amedrentar a calquera cidadán que manifeste intención de exercer os seus dereitos lingüísticos”.

E engadiu: “Só así se explica que se admita como válido un atestado no que a policía admite ter mentido a un cidadán sobre as garantías de exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos pola Lei de emprego público de Galiza, polo Estatuto básico dos empregados públicos, pola Lei de Normalización Lingüística, pola Lei orgánica de Estatuto para Galiza ou pola Carta Europea das Linguas”.

A Mesa sinalou que estamos “ante unha tentativa da Policía de Rianxo e da Delegación do Goberno español de amedrentar a cidadanía que, amparada pola lexislación, solicite ser atendida en galego, feitos que motivaron que o cidadán afectado, asistido polos servizos xurídicos da Mesa, presentase recurso”.

A entidade de defensa da lingua recorda que calquera cidadán ou cidadá que vexa vulnerados os seus dereitos lingüísticos “pode solicitar axuda a través da Liña do Galego e asegura que se puxeron en contacto coa delegación do goberno en Galiza para pedir unha xuntanza co responsábel e para exixir formación ao respecto para as forzas e corpos de seguridade do Estado, co obxectivo de que esta situación non se volva repetir”.

A versión da Policía Local

Tal e como reflectimos no seu día, a Policía Local de Rianxo sinalou dende a orixe dos feitos que a denuncia non viña motivada por cuestións lingüísticas. De feito, fixeron saber que a súa intervención produciuse a requirimento do persoal do SERGAS e de Protección Civil, “que comunicaron a presenza dunha persoa alterando o normal funcionamento tanto do cribado como do servizo de urxencias desta localidade ata o punto de paralizar totalmente o servizo do Centro de Saúde”. Os axentes engaden que “tras presentarse unha dotación do corpo no lugar, o denunciado mantivo cos actuantes unha actitude altiva, desprezativa e faltando ao respecto e consideración debida ós policías, feito polo cal foi proposto para sanción por incumprimento do establecido na Lei 4/2015 de protección da Seguridade Cidadá”. A sanción da Delegación do Goberno foi de 600 euros.

No comunicado, a Policía Local engadía que “en ningún momento da intervención policial a causa da mesma nin da proposta de sanción foi o idioma empregado, non se instou, coaccionou, nin sequera se indicou o modo ou maneira de expresarse a ninguén toda vez que o idioma empregado na Policía Local de Rianxo é o galego, os actuantes como todo o equipo policial son galego- falantes, e este corpo oficial foi pioneiro en Galicia no emprego do galego para a confección de documentación, tramitación da mesma e relación coas outras administracións dende o ano 1994 feito este, entre outros polo cal se lle concedeu ó Concello de Rianxo o Premio Lois Peña Novo do ano 2003 polo traballo en prol do emprego do galego nas administración públicas”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.