A sanción do cribado de Rianxo non foi por unha cuestión lingüística, segundo a Policía Local de Rianxo

19 Outubro 2021

A Policía Local de Rianxo emitiu un comunicado para expresar o seu punto de vista sobre a proposta de sanción de 600 euros achegada pola Delegación do Goberno de España en Galicia a un cidadán que reclamou o seu dereito a ser atendido en galego durante un cribado celebrado no devandito concello, feitos nos que segundo informou A Mesa pola Normalización Lingüística, tiveron que intervir os axentes locais. No seu comunicado, a Policía de Rianxo fai saber que a súa intervención produciuse a requirimento do persoal do SERGAS e de Protección Civil, “que comunicaron a presenza dunha persoa alterando o normal funcionamento tanto do cribado como do servizo de urxencias desta localidade ata o punto de paralizar totalmente o servizo do Centro de Saúde”. Os axentes engaden que “tras presentarse unha dotación do corpo no lugar, o denunciado mantivo cos actuantes unha actitude altiva, desprezativa e faltando ao respecto e consideración debida ós policías, feito polo cal foi proposto para sanción por incumprimento do establecido na Lei 4/2015 de protección da Seguridade Cidadá”.

No comunicado, a Policía Local engade que “en ningún momento da intervención policial a causa da mesma nin da proposta de sanción foi o idioma empregado, non se instou, coaccionou, nin sequera se indicou o modo ou maneira de expresarse a ninguén toda vez que o idioma empregado na Policía Local de Rianxo é o galego, os actuantes como todo o equipo policial son galego- falantes, e este corpo oficial foi pioneiro en Galicia no emprego do galego para a confección de documentación, tramitación da mesma e relación coas outras administracións dende o ano 1994 feito este, entre outros polo cal se lle concedeu ó Concello de Rianxo o Premio Lois Peña Novo do ano 2003 polo traballo en prol do emprego do galego nas administración públicas”.

Dende a Policía Local de Rianxo instan “á Mesa pola Normalización Lingüística a que emita información veraz en relación coa causa directa da presunta sanción (falta de respecto e consideración a axentes da autoridade no exercicio das súas funcións) e non tente terxiversar ante a opinión pública a orixe real da sanción para a que foi proposto o denunciado”.

En relación tamén co contido da nota de prensa relativo a que A Mesa, a través da Liña do Galego, xa se dirixiu á delegación do Goberno, instándoa a “suspender o procedemento contra o cidadán e a abrir dilixencias contra os policías.” sinalar que a día de hoxe “non constan actuacións nin disciplinarias nin xudiciais contra os axentes actuantes nin contra ningún membro deste corpo, que actúan sempre baixo o respecto escrupuloso dos dereitos dos cidadáns”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.