Ningún dos ocupantes necesitou, finalmente, asistencia médica.
Os Bombeiros de Santiago tiveron que sacalos do piso como medida de seguridade e durante as labores de extinción do incendio, que comezou na cociña e rematou de extenderse pola campá extractora e os mobles.
Os veciños, alarmados, chamaron ao 112 Galicia pouco antes das dúas desta tarde. Para facer fronte á extinción do incendio, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos bombeiros da cidade, así como dos axentes da Policía Local. Tamén pediuse a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aínda que, finalmente, ninguén necesitou asistencia sanitaria.
O incendio rexistrouse nun apartamento do terceiro andar do número 19 da Rúa Fray Rosendo Salvado, tal e como indicaron as persoas que avisaron a través do 112. No seu relato, indicaron que o fume saía polo portal e era visible mesmo desde o edificio de fronte.




