Lousame abre do 3 ao 9 de xuño o prazo de inscrición no programa de conciliación “Lousame Concilia Verán 2024”

02 Xuño 2024

O Concello de Lousame abrirá do 3 ao 16 de xuño o prazo de inscrición no programa Lousame Concilia Verán 2024, unha iniciativa para a conciliación da vida familiar e laboral que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto. Un programa dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos de idade, que desfrutarán de divertidas actividades nas instalacións do CPI Cernadas de Castro, en horario de 9:30 a 14:30 horas.
Os prezos non varían con respecto a anos anteriores. No caso das familias que opten pola inscrición para todo o verán, o prezo será de 15 euros/mes. Para anotarse só terán que descargar e cumprimentar o impreso correspondente, que poden recoller nos Servizos Sociais de Lousame ou descargar na web municipal ( www.concellodelousame.gal ). Máis información nos Servizos Sociais de Lousame ou no 981 820 494.
No caso de haber máis demanda que prazas, aplicarase un baremo para a admisión no que, por exemplo: recibirán 16 puntos os menores empadroados no municipio e que tamén teñan empadroado a un dos proxenitores e recibirán 8 puntos os menores de 12 anos. Despois establécense outros baremos como nivel de renda per cápita anual da unidade familiar: menos de 6.000 euros (2 puntos) e entre 6.000 e 10.000 euros (1 punto). Tamén se outorgará 1 punto ás familias monoparentais, familias vítimas de violencia de xénero, muller en situación de desemprego de longa duración, muller maior de 45 anos ou familia con outras cargas relacionadas cos coidados. En caso de empate, aplicarase o criterio da orde de inscrición, seguindo o número de entrada da solicitude no Rexistro Municipal. As solicitudes que non obteñan praza pasarán á lista de espera.
Lousame Concilia está organizado pola Concellería de Igualdade de Lousame e conta coa colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade e do Programa Corresponsables do Ministerio de Igualdade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.