
A Asociación Cultural Sonora de Porto do Son, en colaboración co Concello, organiza este 1 de xuño o evento Arte-Son, o Encontro de Artesáns de Porto do Son. Haberá creatividade, música e obradoiros en dúas quendas de horario: pola mañá de 11.00 a 14.00 horas e pola tarde de 17.00 a 20.00 horas. A partir das 20.00 horas as persoas asistentes poderán desfrutar de música en directo e foliada.
As actividades desenvolveranse na praza Rosalía de Castro da vila sonense.
Na vertente musical contarase con actuacións de Silvia do Son (13.30), Ally Bally (14h), Sonora & Cía (14.30), Os Monifates (19.00), Rumbia (20.45) e Foliada (21h).
No ámbito dos obradoiros celebraranse as seguintes actividades:
-Obradoiro de cerámica con Laura Ventonso (Risoma) de 12.00 a 18.00 horas.
-Obradoiro de guitarra con Ally Bally (guitar mister class), a partir das 12.45 horas.
-Obradoiro de pendentes de mar con Manela Penalta, a partir das 17.00 horas.
-Bailes en roda e primeiros puntos de muiñeira, a partir das 19.45 horas.
-Demostracións ao longo de toda a xornada.



