En Ribeira, a XI edición do Xuño da Cultura e das Artes vén con máis de cen actividades

30 Maio 2024

A concelleira de Cultura, Antía Alberte, presentou este 30 de maio a décimo primeira edición do Xuño da Cultura e das Artes, un programa que coordina a Concellería de Cultura coa suma do esforzo de entidades, asociacións, colectivos, agrupacións, comisións, institucións e áreas municipais.

Segundo comentou a edil, “este programa naceu cos obxectivos de poñer en valor o traballo cultural do tecido social do municipio, amosar a cultura na rúa a través de diversas actividades culturais en todas as disciplinas artísticas, e realizar polo menos un acto cada día do mes de xuño, combinando a cultura de pequeno formato cos medianos eventos adaptados as actuais circunstancias”. E engadiu: “Durante o mes de xuño a música, o teatro, a literatura, o baile, a festa ou a exaltación das nosas raíces irán da man para que todas nos sintamos plenamente identificados favorecendo a participación social.”

O programa conta con máis de cen actividades que se van organizar con preto de cincuenta asociacións participantes e nas que o Concello tamén contribúe con diferentes accións organizadas polas distintas áreas municipais.

Tamén se contará con presentacións literarias, accións interxeracionais como as festas de Bandourrío ou Artes, obradoiros e actividades infantís, as clausuras de escolas deportivas como patinaxe ou ximnasia rítmica, contacontos no Centro Cultural Lustres Rivas, accións musicais a cargo do Conservatorio Municipal, concertos, charlas e coloquios, clases abertas de baile, e proxeccións audiovisuais.

O acto institucional de clausura deste programa será o domingo 30 de xuño ás 20.30 h no novo Auditorio Municipal, e contará coas actuacións da Coral Polifónica Municipal, o alumnado da escola municipal de ballet e do grupo municipal de teatro.

Para a difusión deste programa editáronse folletos de man e nos que se presentan todos os actos organizados por día para que quen o desexe teña un calendario completo de actividades espalladas ao longo do mes. Ademais toda a información e programación estará colgada na páxina web municipal (www.ribeira.gal) e nas redes sociais “o que nos permitirá a súa actualización constante en caso de variacións por incidencias, climatoloxía así como a incorporación de novas actividades”, sinalou a concelleira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...