Miles de persoas maniféstanse en Palas de Rei contra a fábrica de Altri que podería afectar á ría de Arousa

26 Maio 2024

Milleiros de persoas participaron ao berro “Altri Non” na protesta contra o proxecto dunha macrofábrica de celulosa que a empresa de capital portugués pretende instalar na vila. A factoría utilizaría auga do río Ulla que desemboca na ría de Arousa polo que podería afectar á calidade da auga.

A marcha, convocada pola Plataforma Ulloa Viva, quixo escenificar a posición contraria ao proxecto da fábrica de fibras téxtiles neste municipio lugués.

TVG

Este domingo, Palas de Rei foi escenario da primeira manifestación en contra da implantación dunha fábrica de fibras téxtiles e lyocell a base de pasta soluble celulósica no municipio. A marcha, organizada pola Plataforma Ulloa Viva, reuniu a 20.000 persoas que percorreron as rúas da localidade ao son de proclamas como “Altri, Greenalia, saíde da xogada”, “A auga é nosa e non da celulosa”, e “Menos eucaliptos e máis frondosas”.

A convocatoria convocou a asistentes de todo tipo: desde os máis novos da familia ata os máis maiores, con mascotas incluídas, e mesmo algún peregrino axitando pancartas en inglés. Segundo os organizadores, chegaron uns 40 autobuses de todas partes de Galicia, fretados por diferentes colectivos.

A manifestación representa o segundo golpe na mesa contra este proxecto despois das 25.000 alegacións presentadas ao estudo de impacto ambiental. Marta Gontá, portavoz da organización convocante, afirmou que este proxecto é un atentado directo contra a súa maneira de vivir e o medioambiente. No contexto da campaña para as eleccións europeas, queren que a xente se posicione e saiban de que lado están os partidos políticos.

A marcha contou coa participación de colectivos veciñais de municipios, comarcas e parroquias afectados polo proxecto, como Santiso, Sexo ou Baixo Ulla, así como entidades ecoloxistas como Greenpeace, Adega ou Ecoloxistas en Acción, e sindicatos como CUT e CIG.

O percorrido finalizou na céntrica Praza da Feira. Alí, dúas veciñas da zona, Maika Sánchez (de Agolada) e Mónica Cea (de Pas), leron o manifesto celebrando que, a pesar do poder e o diñeiro dos promotores, a cidadanía gañou. O manifesto destacou a importancia de protexer a terra, a auga e o aire, e reivindicou que estes son os piares da súa vida.

As entidades participantes denunciaron a magnitude dun proxecto que de levarse a cabo consumiría auga do encoro de Portodemouros para fabricar celulosa e en menor cantidade Lyocell, 46.000 m3/día e verterá ao río Ulla -do que beben desde Padrón a Ribeira- 30.000 m3/día”.

A planta, criticaron, multiplicaría por 10 a actual celulosa de ENCE en Pontevedra e xerará 400.000 toneladas de produción anual de pasta de papel.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.