Arrancan as obras para arranxar o Polideportivo de Santa Baia tralo temporal do 16 de xaneiro

04 Febreiro 2020

O Concello de Boiro vén de informar do inicio das obras destinadas a arranxar o Polideportivo de Santa Baia, que, como lembraremos, foi unha das infraestruturas municipais afectadas polo temporal do pasado 16 de xaneiro. Os traballos de reparación comezaron hoxe mesmo, e son, en palabras do Concello, uns labores “de emerxencia”. O custe das tarefas terá un importe de 18.500 euros e, segundo engade o Goberno local, está previsto que se executen “na maior brevidade”, co obxectivo de que o polideportivo volva estar en funcionamento o antes posíbel.

O punto crítico das actuacións atópase na cuberta (que se viu seriamente afectada polos refachos de vento de até 135 quilómetros por hora) e en parte das fachadas. O Concello explica que as pezas da cuberta, de 16 metros de lonxitude, “son moi específicas e teñen un prazo medio de entrega de preto de dous meses”. Porén, tralas xestións realizadas por parte do departamento de Obras e Urbanismo, o Executivo boirense foi quen de localizar unha empresa que as deu subministrado nun prazo de 5 días.

Prazos máis concretos

O Concello estima que a cuberta e as frontes da fachada estean reparadas (e o polideportivo operativo) nunhas 72 horas. Estes traballos darán paso á reposición dos elementos auxiliares, como as canles de recollida da choiva ou os elementos de renovación do aire. A longo desta actuación, explica o equipo do alcalde José Ramón Romero, “os servizos técnicos traballaron para dar resposta rapidamente aos problemas e fíxose a xestión nun prazo de 12 días para ter pechado o pavillón durante un mínimo prazo de tempo”.

A instalación da nova cuberta estase a realizar con ancoraxes de alta capacidade de tracción que, en palabras do Goberno local, “duplicarán a capacidade de esforzo respecto ás ancoraxes estándar, para reducir a incidencia de fenómenos meteorolóxicos adversos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.