BNG esixe ao Goberno garantir o voto dos mariñeiros embarcados en alta mar

24 Maio 2024

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, denunciou o atraso do Goberno do Estado para o estabelecemento do mecanismo que permitiría que os tripulantes embarcados en alta mar poidan votar nestes novos comicios ao Parlamento Europeo. Seguindo este fío, demandou implantar o voto telemático ou electrónico, tal e como quedou incorporado na Lei de Pesca Sustentábel grazas a unha emenda do BNG, para garantir que os mariñeiros e mariñeiras poidan exercer o seu dereito a voto.

Durante o debate e votación da Lei de Pesca Sustentábel e Investigación Pesqueira aprobada na pasada lexislatura, o BNG conseguiu incorporar unha emenda que permitiría garantir o dereito a voto dos tripulantes embarcados en altura e gran altura. A fronte nacionalista procuraba, con esta achega, rematar cunha discriminación histórica que sufría o sector. Rego engadiu que “seis meses despois da toma de posesión, o Goberno non ten ningunha escusa para non habilitar o voto telemático para as persoas tripulantes. Debe dar cumprimento ao mandato legal”, sinalou Néstor Rego, explicando que “o acceso ao voto dos tripulantes en alta mar leva décadas de reivindicacións pero sempre se ignorou por parte dos distintos gobernos. Agora, lograda a súa incorporación na Lei, non caben máis aprazamentos, o Goberno debe cumprir co estipulado na norma e pór fin a unha discriminación histórica para coas persoas traballadoras do mar e que poidan exercer o seu dereito ao voto nos distintos comicios. As novas tecnoloxías facilitan a disposición de métodos electrónicos”, afirmou.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.