Unha persoa resulta intoxicada pola inhalación de fume no incendio dunha cociña nun domicilio da rúa Francisco del Río Romero, en Boiro

23 Maio 2024

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron avisados ao redor das 14:00 horas deste mediodía dun incendio acontecido nunha vivenda da rúa Francisco del Río Romero, no municipio de Boiro.

Na chegada ao lugar os bombeiros identifican a fonte do fume nunha tixola na que prendeu lume. A casa estaba ocupada por dúas persoas, sendo trasladada unha delas ao Hospital do Barbanza por inhalación de CO.

O operativo consistiu na ventilación da vivenda ata normalizar os datos de CO, xa que o lume fora extinguido por unha persoa que tivo acceso ao domicilio.

No operativo tamén participou a Policía Local de Boiro, o 061 e voluntarios de Protección Civil.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.