Stop Deshaucios alerta de dúas novas familias, de Boiro e de Ribeira, en risco de ficar na rúa por cadansúa orde de desaloxo

23 Maio 2024

A plataforma Stop Deshaucios Barbanza informou de novos casos de fogares da nosa comarca en risco de sufrir un desafiuzamento e ficar na rúa sen alternativa habilitacional. Trátase de dúas familias de Ribeira e Boiro que están pendentes de ordes xudiciais de desaloxo.

Respecto da familia de Ribeira, un núcleo con dous menores ao seu cargo, a plataforma explica que dende o Instituto Galego de Vivenda e Sol (Xunta) e da Oficina da Valedora do Pobo están a traballar para evitar o seu desaloxo, aínda que a situación de extrema urxencia xa que o desafiuzamento está fixado para este 30 de maio. Ademais, estanse a realizar xestións coa propiedade do Grupo Santander (Divarian) para poder suspender a toma de posesión e poder garantir un tempo prudencial para que a familia poida atopar outra vivenda en alugueiro. Porén, a plataforma sinala que as dificultades para atopar unha vivenda temporal “son evidentes ante a falta de domicilios postos en alugueiro na capital do Barbanza… un problema do que haberá que analizar as causas e as súas consecuencias”, explica Stop Deshaucios.

Respecto da familia de Boiro, tamén está a ver defendido o seu caso dende a oficina da Valedora do Pobo, que xestiona unha alternativa habitacional para un núcleo familiar que tamén se atopa en situación de vulnerabilidade. Trátase dunha familia monoparental, cunha nai e un fillo menor de idade, con escaso ingresos. “A falta de vivendas, ao dispor da Xunta de Galicia para facilitar o realoxamento de familias vulnerábeis agudiza o problema da habitabilidade para decenas de familias da comarca do Barbanza”, engade a plataforma.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.