Unha media de máis de setenta persoas participaron nas andainas polo Camiño a Santiago pola ría de Muros Noia

22 Maio 2024

Unha media de máis de setenta persoas participaron estes dous últimos domingos nas dúas etapas na andaina polo Camiño a Santiago pola ría de Muros Noia, organizada polo Club de Xubilados de Lousame en colaboración co Concello de Lousame. O tempo acompañou, polo que os camiñantes desfrutaron dos dous itinerarios: Muros-Esteiro (aprazado no seu día polo mal tempo ao 12 de maio) e Esteiro-Outes (este domingo 19 de maio).

As andainas estiveron encabezadas polo presidente do Club de Xubilados de Lousame, Francisco Avelino García Nieto; quen estivo acompañado pola concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo; e polo concelleiro de Seguridade Viaria, José Antonio Ces Barreiro.

A próxima andaina celebrarase o vindeiro 16 de xuño: 16 quilómetros entre Outes e Noia. A saída está programada para as 9:00 horas dende a estación de autobuses de Noia e o prezo será o mesmo que o das anteriores edicións: 5 euros por persoa a aboar o día mesmo da camiñada. As persoas que desexen participar poden anotarse en www.bandoticket.com ou chamando ao Club de Xubilados de Lousame (653 22 16 55).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.