Rosana Pérez reclama medidas “para non acabar co marisqueo e entregar o mar ás grandes empresas da acuicultura”

15 Maio 2024

A portavoz de Mar do BNG, a pobrense Rosana Pérez, emprazou ao conselleiro do Mar, Alfonso Villares, a dar cumprimento á iniciativa do BNG que foi aprobada por unanimidade este mes de maio no Parlamento co obxectivo de “apoiar ás mariscadoras e os mariscadores ante a situación de sofren pola perda de produtividade das rías galegas dende hai anos e o efecto das choivas dos últimos meses”. Segundo lle comentou, “votar a favor está ben, pero o sector está farto de que lle dean a botón para votar a favor e logo non fagan absolutamente nada”. Amais, díxolle que “a situación no sector é límite e hai miles de persoas paradas, con moitos bancos marisqueiros pechados”,  sen cría suficiente para poder planificar os próximos dous anos e sen que cesen os vertidos ou mellore a calidade das augas.

“O sector está farto de estar desatendido”, reiterou a deputada, quen, reflectindo as declaracións das traballadoras e traballadores do mar, sinalou que “se seguimos así en menos de 10 anos acábase o marisqueo”. E engadiu: “Eu digo que en dez anos non se acaba o marisqueo, en 10 anos vostede acaban cos mariscadores e polo tanto co principal obstáculo para entregar o mar ás grandes empresas de acuicultura”.

Pérez emprazou á Consellería do Mar a “dar cumprimento ao acordado na iniciativa do BNG”, que incluíria axudas directas dende outubro e ata que se recupere a actividade marisqueira, creación dun seguro público de produción marisqueira, demandar do Estado a exención das cotas da Seguridade Social para os afectados, atender a situación económica das confrarías afectadas e elaborar, orzamentar e executar un plan plurianual de medidas para comezar a recuperación e a rexeneración das rías.

A deputada da Pobra comezou a súa intervención lembrando que no ano 2023 recolleuse un 82 % menos de berberecho que a media dos últimos anos, un 76 % menos no caso da ameixa babosa, un  72 % menos de ameixa fina, un 68 % menos de ameixa rubia, e ata un 5 % menos de xapónica, que é a máis resistente. Trátase, comentou, “dunha desteita que ten provocado que o número de mariscadoras a pé descendese un 18 % nos últimos quince anos, cun Goberno do PP”, segundo denunciou a deputada do Bloque, “que non ten estratexia nin un verdadeiro plan de actuación para recuperar a produtividade das nosas rías”.

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...