O Concello de Noia organiza o 21 de maio unha nova peregrinación a Santa Rita

15 Maio 2024

Un ano máis o Concello de Noia organiza a peregrinación a Santa Rita (Santiago de Compostela), que está programada para o 21 de maio con saída da praza do Concello ás 23:00 horas. As persoas participantes estarán asistidas por ambulancia, que as acompañará durante todo o percorrido. Este comezará ás 23.00 horas do martes, dende a Casa do Concello.

A andaina inclúe unha misa ás 8.00 horas. Logo do oficio relixioso porase a disposición das persoas participantes un bus de volta, que está previsto que saia ás 9.00 horas. Os tíckets para o autobús pódense recoller no primeiro andar do Consistorio, até o luns día 19 ás 14:00h. Organiza o Concello coa colaboración de Protección Civil e a Cruz Vermella.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.