O Concello de Noia emitiu un comunicado no que advirte á veciñanza dun episodio de posíbel contaminación da auga para consumo doméstico que faría necesario, até novo aviso, o uso de recursos alternativos para que as familias se abastezan. Ao parecer, o episodio tería relación cun arrastre no río. O Concello recomenda “cautela no uso e o consumo da auga”. O aviso foi publicado este luns 13 de maio nas redes sociais municipais.




