A Pobra festexa o Día das Letras Galegas con diversas actividades ao longo da semana

14 Maio 2024

Ao longo desta semana que acubilla o Día das Letras Galegas, que se celebrará o vindeiro venres 17 de maio e que ten como homenaxeada á poeta Luísa Villalta, a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal levará a cabo tres actividades para festexar esta data: unha presentación literaria, unha feira e xogos populares.

Indo ao miolo das propostas culturais, o xoves 16 de maio, ás 20 horas, será Esperanza Mariño quen presentará o seu libro As escumas da letra. Biobibliografía de Luísa Villalta, o acto terá lugar no Auditorio do Museo Valle-Inclán. Participarán, ademais da propia autora: o concelleiro da Cultura; Xesús Laíño, da A. C. Barbantia; e Belén López, editora. Haberá unha palestra e repartiranse exemplares como agasallo até esgotar as existencias.

En canto ao mesmo Día das Letras Galegas, venres 17 de maio, O Cantón da Leña será epicentro da Feira do 17. Haberá animación de rúa con Trécola, a partir das 11.30 horas, para arredor das 12 horas, proceder á apertura da feira con postos de restauración, polbeira, artesanía, obradoiros infantís e xogos populares. As actuacións de música e baile tradicional comezarán a partir das 12.30 horas con Arrancadeira, Caramiñas, Eiradela, Trécola e Xiada. E Tanto Nos Ten animará o ambiente a partir das 13.30 horas. Xa na xornada do sábado 18 de maio, das 17 ás 20 horas, o parque do Castelo converterase nun particular campo de xogos populares a cargo de Somos Enredos, encontro aberto a tódalas crianzas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.