A axenda das Letras Galegas de Dodro comeza este xoves co contacontos de Iolanda Eiras “Fogares de cores”

13 Maio 2024

Este xoves día 16 de maio comeza a programación das Letras Galegas de Dodro cun contacontos a cargo de Iolanda Eiras: Fogares de cores. A peza ten como obxectivo fomentar o uso da lingua galega pero tamén visibilizar os distintos tipos de familia que hai na sociedade actual. Esta actividade celebrarase ás 17.30 horas, na Casa da Cultura de Dodro. Está cofinanciada pola Xunta de Galicia e pertence ao programa Ler conta moito da Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

O venres 17 de maio, ás 17.30 horas, o CPI de Dodro acollerá a presentación da obra gañadora do XXXVI Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, As palabras do sur, de Manuel López Rodríguez. No acto acompañarán o autor representantes da editorial Chan da Pólvora, encargada do deseño e impresión do poemario, representantes municipais, familiares e veciños. O público asistente recibirá como agasallo un exemplar do libro premiado e desfrutará dun evento amenizado coa música e a poesía.

O martes 21 de maio celebrarase a inauguración da exposición fotográfica Escenas da memoria de Dodro. Esta mostra reúne imaxes antigas da vida comunitaria do municipio e poderá visitarse de luns a venres entre ás 9.00 e as 14.00 horas na Casa do Concello.

A programación do mes das Letras Galegas rematará o venres 24 de maio, ás 17.30 h, na Casa da Cultura coa representación da obra Isaura e Tristán. Contastorias, de Inacio Vilariño de Fantoches Baj. Trátase dunha peza teatral de monicreques para público familiar baseado na novela de Luísa Villalta As chaves do tempo. Unha novela de ficción histórica que se corresponde co último libro da autora homenaxeada co Día das Letras Galegas deste 2024. Este espectáculo pertencente ao programa de actuacións da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

O Concello de Dodro celebra deste xeito o seu compromiso coa lingua e cultura galega, ampliando e diversificando a oferta cultural no noso idioma e fomentando o uso do mesmo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.