O Sergas e os sindicatos asinan un acordo para mellorar as retribucións dos residentes e garantir o descanso das gardas de venres

19 Outubro 2026

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e as organizacións sindicais representadas na Mesa Sectorial de Sanidade asinaron este luns un novo acordo histórico centrado en mellorar as condicións laborais e retributivas do persoal sanitario, cun especial foco nos residentes en formación sanitaria especializada (MIR, EIR, PIR…) e na conciliación das guárdas médicas.

O pacto, rubricado no Edificio Administrativo de San Lázaro, dá cumprimento ao acordo de fin de folga acadado o pasado 8 de maio e será elevado proximamente ao Consello da Xunta para a súa posterior publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Principais claves do acordo

1. Novo complemento de residencia (2027-2029)

Créase un concepto retributivo específico para o persoal residente, que se implantará de forma progresiva a partir do 1 de xaneiro de 2027:

  • Persoal A1 (MIR, PIR, etc.): Acadará os 120 euros ao mes en 2029 (75 € en 2027 e 100 € en 2028).
  • Persoal A2 (EIR – Enfermaría): Acadará os 90 euros ao mes en 2029 (56,25 € en 2027 e 75 € en 2028).
  • A partir de 2030, estas cantidades actualizaranse segundo o incremento xeral fixado nas leis orzamentarias.

2. Suba do prezo da quinta garda e sucesivas

Con efectos retroactivos desde o pasado 1 de xuño de 2026, mellorase a retribución por hora para as gardas a partir da quinta no persoal residente A1:

  • R1 (1º ano): 21,21 euros/hora.
  • R2 (2º ano): 24,27 euros/hora.
  • R3 (3º ano): 27,35 euros/hora.
  • R4 e R5 (4º e 5º ano): 30,26 euros/hora.

3. Regulamento e garantía do descanso compensatorio das gardas de venres

O acordo establece o dereito ao descanso compensatorio para os profesionais de centros hospitalarios con réxime de gardas de presenza física de 17 e/ou 24 horas realizadas desde o pasado 4 de setembro de 2026:

  • Persoal hospitalario xeral: Disfrutará do descanso nos 15 días seguintes á súa realización. Nos servizos de difícil cobertura onde se poida comprometer a asistencia, poderase acordar un aprazamento coa xerencia da área sanitaria.
  • Persoal residente en formación: Tamén desfrutará deste descanso nos 15 días posteriores, preferentemente na primeira xornada hábil seguinte, agás excepcións por necesidades docentes ou formativas que xustifiquen un acordo específico coa xerencia.

Outros artigos

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.