Boiro viaxa no tempo aos anos oitenta da man do Maio Vintage (este sábado todo o día na rúa Peonil)

09 Maio 2024

Finalmente e logo do aprazamento do 4 de maio (por mor do mal tempo) a céntrica rúa peonil de Boiro acollerá este sábado 11 durante toda a xornada a nova edición do mercado cultural e artesanal Maio Vintage Market. Haberá postos de artesanía, deseño, moda ou ilustración e actividades culturais na rúa para apoiar e difundir o traballo realizado por pequenas marcas e promover o comercio local.

O evento vén da man da Asociación Creaturas e o Concello de Boiro. Nesta edición participarán un total de 76 postos entre os que se atopan artesáns e tamén entidades como Unión de Muchachas, AMBAR, A Creba, Turbina, AGADEA, Cruz Vermella, Asociación Española Contra o Cancro e Boas Novas.

A cita contará tamén coa colaboración de establecementos hostaleiros e comerciais locais como Atlántica, A Pousada da Galiza Imaxinaria, Tres Catorce, Furancho e Adria. Tamén desenvolverá un papel activo o alumnado de artes do IES Praia Barraña que vai realizar o seu proxecto final do curso no Maio Vintage Market.

Ademais dos postos de artesanía haberá actuacións musicais, obradoiros e outras actividades.

A programación cultural estenderase durante todo o día con actuacións de DJs, grupos locais e tamén espectáculos infantís.

O obxectivo desta actividade é apoiar e difundir o traballo realizado por pequenas marcas, persoas dedicadas ao deseño, á ilustración, á fotografía…

A temática desta onceava edición serán os anos 80, polo que dende a organización animaron a todas as persoas asistentes a caracterizarse con algo propio da época.

PROGRAMACIÓN
11.30h – DJ Bender
12.00h – obradoiros
12.00h – DJ Gafapasta
13.00h – Sanny Caster
14.00h – DJ Gafapasta
17.00h – Sabela
17.00h – obradoiro Breakdance
18.00h – concerto Punkinfantil
19.00h – Combo Paradiso
20.00h – Rasca e Pincha

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.