O Centro Social de Boiro vai acoller esta fin de semana unha charla sobre hábitos nutricionais que nos axuden a mellorar a nosa calidade de vida. A charla Alimentación saudable celebrarase o sábado 11 de maio ás 10.30 no Centro Social. En concreto, a sesión porá o foco en desmontar os mitos sobre os alimentos que supostamente son axeitados para o noso corpo. Será impartida por LB Equipo Estético no marco do ciclo de actividades Muller e Saúde do Concello de Boiro. As inscricións cómpre facelas no Centro de Información á Muller (CIM) de Boiro a través do enderezo electrónico cim@boiro.org.




