Retirada dun poste caído e cables no lugar da Gandarela, no Concello de Lousame

08 Maio 2024

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro interviñeron ao redor das 18:00 horas de onte, martes 7 de maio, na retirada dun poste e cables de corrente eléctrica que caeron sobre a estrada.

O poste caeu sobre un depósito de auga ocasionando danos no mesmo e que os cables que conectaba quedasen sobre as fincas anexas á vía, e unha parte a baixa altura sobre a mesma.

Os bombeiros procederon á retirada destes e ante a imposibilidade de elevar os cables que seguían conectados ao poste caído, e con corrente eléctrica, optouse pola súa sinalización para que sexan vistos polos automóbiles que transiten a vía.

Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro veñen de intervir en caída de tendido eléctrico na aldea de Gandarela no Concello de Lousame. Bombeiros Boiro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.